FESTA DO CALDO
2-8 Febrero 2008
prov.: PONTEVEDRA cmrca.: Pontevedra
mun.: Pontevedra
parr.: Pontevedra

Inf.: 986 804 300

          

O animado entroido pontevedrés ofrece unha intensa semana de actividades que se inicia coa chegada do rei Urco e remata co enterro do loro Ravachol. Urco, na mitoloxía local, é un ser ligado ao río e á morte que vai sempre acompañado dunha manda de cans. Ravachol era o loro mullereiro que o boticario Perfecto Feixóo tiña na súa farmacia situada fronte á igrexa da Peregrina.

A festa, que comeza o venres anterior o inicio da Coresma, atrae un gran número de persoas, sobre todo o Venres de Entroido, cando os pontevedreses e pontevedresas saen á rúa en comitiva fúnebre e cun rigoroso loito para chorar a morte do Ravachol. Como remate, procédese á queima, na praza da Ferrería, do finado loro mentres na súa honra ten lugar un sentido espectáculo necrolóxico, coa lectura dunha loanza fúnebre.

A programación abrangue tamén o popular desfile do entroido, con premios en varias categorías aos mellores disfraces e comparsas, a Mostra da parodia e un Concurso de murgas, nos que a sátira e a crítica se mesturan co humor e a risa.