III FEIRA DE DESENVOLVEMENTO RURAL SUSTENTABLE
16 de Julio 2006
prov.: PONTEVEDRA parroquia.: Río
concello: Rodeiro

Inf.: 986 79 00 09

          
 

PROGRAMA

A Feira de desenvolvemento Rural “Agro de Camba 2006”, é unha iniciativa que puxo en marcha o no ano 2004 a Asociación de Veciños de Río , (Rodeiro).
Recordamos que esta feira nace como resposta a grave crise pola que atravesa o agro na nosa comarca, na medida en que non queremos limitarnos a ser espectadores do peche das explotacións e do despoboamento que estamos sufrindo, senón que temos a obriga de mirar cara diante e buscar alternativas.
Coa súa organización queremos contribuir a recuperar o dinamismo do mundo rural apostando por un modelo de desenvolvemento que ofreza produtos de calidade, desde o respecto ó medio e a cultura.

O desenvolvemento da feira xira ó redor Das seguintes actividades:

III Feira exposición “Agro de camba 2006” , dividida en varias seccións:
Artesanía e Oficios . Participan de 20 expositores.
Producións agrarias alternativas . Participan 10 expositores.
Mostra de razas autóctonas . Participan 4 explotacións
Obradoiros de oficios en vivo : Tala de madeira, Cesteiro, Alfareiro, Tear e instrumentos musicais.
Obradoiro de chocolate para nenos : Obradoiro de Chocolate, organizado pola Asoc. Cultural “As Ortigas” de Ourense.
Sesión vermouth con sangría e degustación de arroz cremoso de ortiga con base de galletas mariñeiras, preparado polo profesor do IES de Hostelería de Ourense, Martín Álvarez
IV Festa da Fartura . Trátase dunha festa gastronómica baseada en produtos locais: Polos, coellos, años e porcos ó espeto.
Actuacións musicais:
Charanga “O garrafón. Com” de Chantada
Grupo de música tradicional “Os Varacuncas” de Rodeiro.
Presentación do libro “As Estrugas”, a cargo do profesor do IES de Hostelería de Ourense, Martín Álvarez.