FESTA DO MILLO CORVO
28 de Marzo 2008
prov.: PONTEVEDRAcmrca.: Morrazo
mun.: Bueu
parr: Meiro

Inf.: 986 320 252

          

Xa estamos a ultimar a programación do X Encontro Degustación do Millo Corvo que se celebrará os días 28, 29 e 30 de marzo.

Como avance das actividades que se desenvolverán:


Muiñada de todo o día: 28 de marzo. O muíño da Presa (no Canudo - Bueu) permanecerá aberto e funcionando durante todo o día, e pola noite contarase con música tradicional e a degustación da queimada.

"A Pan de Millo": sábado 29 de marzo. Pola tarde contarase coa actuación de diferentes agrupacións tanto musicais como de baile tradicional. Tamén se contará coa elaboración das recetas máis tradicionais e antergas na Ecotaberna.

X Encontro Degustación do Millo Corvo: domingo 30 de marzo. Dende as 11 da mañá contarase con diferentes actividades:
Presentación dun novo número da revista A Lingua do Corvo
Lectura do Pregón na carpa gastronómica
Despois do pregón contarase cunha actuación musical
Xa pola tarde, comezarase cunha charla - coloquio
Actuacións musicais.
Durante todo o día haberá:
Mostras e obradoiros de artesanía ao vivo.
Visitas guiadas ao muiño da Presa.
Proxección de documental sobre o proceso de recuperación do Millo Corvo e de imaxes.
Exposición etnográfica
Elaboración de recetas tradicionais con millo corvo na Ecotaberna
Degustación de alimentos elaborados con millo corvo.


+ info: http://www.meirocorvo.org/