Desde 1999 se viene celebrando a finales de agosto o principios de septiembre un "Oenach Atlántico" con una ambientación de la época y una representación teatral de un día de la vida de nuestros antepasados de hace unos 2000 años.
Desde el año 1999 también se hace en el Castro de Eiravedra, la noche de la víspera del Oenach, la Noche del Castro, donde se representa la Leyenda de Eiravedra.
La Noche del Castro es una reivindicación de la defensa y conservación del patrimonio histórico, cultural y etnográfico.
Día 29 de Xullo
Na Feira do Trece teremos feira de artesania, xogos populares, tiro con arco e xantar con porco celta, polo de Mós e xurelo lañado como os tres derradeiros anos.
Xogos tradicionais para os meniños/as con premios para todos/as
VII Carreira pedestre ó Castro de Eiravedra (4.600 metros). Dificultade media.
Farémo-la “ VII NOITE DO CASTRO ” na que ó solpor e no incomparable marco do “ castro de Eiravedra ” terá lugar unha posta en escea da “ Lenda de Eiravedra ” ou outra lenda das moitas que temos na nosa terra, posteriormente unha representación parateatral "SOLPOR DA ALDEA" feita polos veciños e veciñas de Sedes. Tódolos que nos queirades acompañar nesta noite do castro tedes aparcamento preto do castro. Non hai alumeado público, polo tanto levade linterna e roupa de abrigo xa que normalmente vai frio pola noite e ademáis en un lugar onde normalmente zoa o vento.
Tan pronto rematemos no Castro baixaremos a Capela de Placente para picar algunha cousiña e tomar un grolo, tamén faremos unha queimada.
Día 30 de Xullo
Na feira do trece o “ VIII OENACH” (lugar de encontro e reunión) situado cronoloxicamente hai 2000 anos tomará vida e dende a mañanciña atoparedes as xentes da Terra de Trasancos facendo os seus trafegos: ferreiros, tecedeiras, labregos e un sen fin de persoaxes que vos faran revivi-la maxia daqueles tempos.
Mostra de gando autóctono.
Cara ó mediodía terá lugar a representación dun irmandamento entre distintos clans , os guerreiros faran habelencias cos seus cabalos e para celebra-lo acontecemento xuntarémonos nun banquete realizado co ritual da época.
Despois de ben xantar nada mellor que practica-los xogos e competicións dos que como ben sabedes tanto gustaban os nosos antergos.
1º- Comezará a tarde cunha demostración de “deporte rural ”: tiro con arco, lanzamento de venablo, pulso, tiro de corda e serrado con tronzador. II Campeonato de tiro con arco tradicional e longbow (para os tiradores con arco tradicional e obrigatorio tirar con flechas de madeira).
2º- Teremos entre nos a unha representación de deportistas rurais de outras comunidades que o mesmo que os anos anteriores amosaránnos a súa destreza no deporte tradicional da súa terra.
Nas exhibicións poderedes participar todos/as e probar as distintas modalidades.
Namentres o “OENACH” seguirá vivo ata a noitiña
Ó marxe haberá dúas carpas, nunha delas atoparedes un museo etnográfico, e na outra artesáns en vivo amosándonos os seus oficios: cerámica, coiro, liño, pratería, cantería...... |